Friday 03 de May de 2024

Nova cita con “Noites de Cine” o venres, 20 de agosto, no Concello de Lousame coa película “A galiña Turuleca”


O Concello de Lousame acollerá na Casa da Cultura o venres, 20 de agosto, ás 22:00 horas, a segunda “Noites de Cine”, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

A película elixida é “A galiña Turuleca ”, filme de animación que fíxose co Premio Goya a Mellor Película de Animación no 2020. Está dirixida por Eduardo Gondell e Víctor Mingote. Unha comedia infantil para desfrutar en familia con esta galiña singular.

É preciso reservar a praza para esta sesión de cine en bandoticket.

A seguinte cita co Noites de Cine será o venres, 27 de agosto, co drama “The Way”, dirixida por Emilio Estévez e con unha gran interpretación do actor Martín Sheen. Esta cinta trata sobre o Camiño de Santiago.